un peliqueiro

O "Antroido" é unha festa moi popular en Galicia, sobor de todo nás nosas vilas e aldeias, ainda que durante a "longa noite de pedra" do franquismo, coa prohibición das máscaras, esmorecéu un pouco. A orixe da verba "antroido" deriva do latín "introitus" , que siñifica "entrada" ou "comenzo" da primaveira e do rexurdimento da vexetación.
As festas do "antroido" ou "entroido" teñen como antecedente lonxano as festas pre-cristiáns que se celebraban na anterga Grecia pra honrar o deus Dionisios e que logo pasaron a Roma, onde había o costume de celebrar grandes festas polo antroido : eran as bacanales, as saturnales (cando os escravos podían poñe-las togas dos seus amos e finxían mandar neles… despois das festas as cousas voltaban ao seu rego) e as lupercales.

Estas festas paganas serán "asimiladas" polo cristianismo e incorporadas ós ritos litúrxicos da igrexa. A igrexa católica lista coma sempre, relacionará o antroido co advenimento da coaresma, e deste xeito a " antroido " siñificará a despedida das carnes : o martes de antroido marcará o remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) pra entrar na abstinencia dos corenta días da coaresma. Por isto, os tres días denantes do mércores de cinza chamánse as "carnestolendas".

O antroido terá un caraute de licencia e liberdade, a mesmo que aconteceu nas saturnales dos románs: no tempo do antroido está permitido facer causas que non se poden facer no resto do ano, como roubar os ovos das galiñas ou os potes das casas, emporcallar á xente con barralla, farelos e mesmo lama, ou criticar púbricamente as persoas descubríndolles seus defeutos ou ridiculizando feitos das súas vidas.


O antroido dura dúas semans e media : as semans de septuaxésima e sexaxésima e tres ou catro días da quincuaxésima. Os días principáis destas festas son :
  • O Domingo Fareleiro (ou de septuaxésima), canda os rapaces botan fardos au chísmas enriba das mozas e das mulleres.
  • O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres, días ámbalos dous nos que ten lugar unha guerra simbólica das sexos : no primeiro xoves as mozas fan bonecos, os "compadres", e quéimanos loitando cos mozos, que pra impedilo botánlles as mozas auga, borralla ou chinas. No Xoves das Comadres son as "mozas" as queimadas. 0 Domingo Corredoiro (ou de sexasésima), chamada así porque e o día no que se corre o antroido. E tamén o día no que se fai nalgunhas aldeias a "corrida do galo".
  • O Domingo Corredoiro os rapaces e mozos botan auga, ovos podres, borralla, lama, mesmo formigas á xente. Nalgunhas aldeias os cativos fan (ou facían) chicotes (xeringas de cana de sabugueiro cun émbolo axustado con estopa pra tirar a auga con máis forza).
  • O Domingo, o Luns e mailo Martes de Antroido son os tres días grandes do antroido. Neles fánse as grandes esmorgas, os desfiles de máscaras polas rúas ou polas corredoiras e mailos bailes de disfraces. As máscaras teñen unha gran importancia nestes días, sobor de todo o Domingo de antroido. Reciben nomes moi diversos, como cigarróns, peliqueiros, choqueiros, charrúas, felos e murrieiros. Cecáis as máis famosas señan os cigarróns dos vales de Laza e Monterrey na provincia de Ourense. Tamén hai máscaras máis finas, chamadas "damas" e "galáns", "madamitas" e "madamitos", e os "xigantes".

Así mesmo, nos tres días grandes do antroido fánse farsas, comparsas,