( Ritos – de Isaac Pérez Vicente / XL Aniversario de A Nosa Galiza 1967 – 2007 )

Entre as múltiples actividades culturais salientar as “Xornadas do Camiño de Santiago, VIII Centenario do Pórtico da Gloria” (do 26 ó 28 de maio do ano 88), organizado por esta entidade coa colaboración da Xunta de Galicia (Direccións Xerais de Cultura, Patrimonio, Turismo e Relacións coas Comunidades Galegas), e a Universidade de Santiago.

Destacar tamén a celebración do 20 Aniversario o 17 de outubro de 1987 e o 30 Aniversario celebrado o 19 de abril de 1997, celebrados ambos con múltiples actos e actividades.

Habitualmente organizan conferencias, exposicións de pintura e fotografía, cursos de formación de temática variada (teatro, cociña, gaita, cante, percusión, baile, etc.), festas públicas (Día das Letras Galegas, S. Xoán, sardiñada, fin de ano, etc.) e festas no centro (antroido, magosto, etc.).

É de resaltar o seu grupo de teatro “Enredos”, do que forma parte Dona Pilar García Castro, natural de Ortigueira e residente en Xenebra. Esta galega, logo de participar nos cursos de formación teatral organizados pola Xunta de Galicia, descobre a súa afición como dramaturga. Baixo o seudónimo de Pilar Areanca escribiu catro pezas teatrais, editadas pola Consellería de Emigración no ano 2003 baixo o titulo “Teatro para todos” e representadas por alumnos da Escola Municipal deTeatro de Silleda no salón de actos do Auditorio dese concello.

En xeral, a Sociedade “A Nosa Galiza” manten unha intensa actividade social e cultural en beneficio da colonia galega en Ginebra. Proba diso é a súa participación activa en diferentes organismos, como a Federación mundial de Sociedades Galegas, a Federación de Sociedades Galegas na Suiza, da que actualmente non forma parte pero da que antaño asumíu a Secretaría Xeral e a Secretaría de Cultura.

Así mesmo, esta Sociedade acolle a grupos doutras sociedades que pasan por Xenebra, ofrecéndolles colaboración e intercambio de ideas, mostrándolles as súas actividades e axudándolle nos seus programas.
Contan co grupo folclórico “A Nosa Galiza”, composto por tres seccións: de adultos, medianos e pequenos. Este grupo foi fundado no ano 1981 e participa en festas, festivais e concursos, tanto en Suiza como noutros países europeos (Francia, Bélxica, Holanda, etc.), destacando especialmente a súa participación no Encontro de Música Tradicional, celebrado en agosto de 1987 con motivo das festas de María Pita, invitado polo Concello de A Coruña.

Tamén conta co grupo de teatro “A Nosa Galiza”, que fai representacións de pezas de temática galega, e co grupo de baile, formado polo grupo das nais, o das mozas e o de principiantes.

Con motivo do Xacobeo 2004 fixeron varias presentacións públicas en Xenebra de productos da gastronomía galega. Ademáis un grupo de 18 ciclistas pertenecentes ó “Club Ciclista de A Nosa Galiza” peregrinaron a Santiago no mes de maio de 2004, outorgándolle a Consellería de Emigración un diploma de recoñecemento.

O EQUIPO DO POLBO E PARRILLAS, XXI – SAN XOAN 2008

Sin duda o San Xoán e c