Galicia turística:

Si o ideal da suas vacacións é poñerse o sol todo día,
xa podes buscar outro sitio para bronzear.

En realidade, GALICIA é a sola región turística española que os
devolve o diñeiro si non hai un día sin chover. :-)

Con esa exactitude, o governo galego deixou a responsabilidade da promoción turística
a unha sociedade de dereito privado : TURGALICIA S.A.
que para evitar a creba desarolou un turismo de calidade.

Durante séculos os 500.000.000 de pelegrinos non viñeron a Galicia por casualidade.
A suas visitas son o froito dos primeiros especialistas en marketing : os dignatarios
eclesiásticos de Compostela.

Eses cardeales e arcebispos preguntaronse de como facer vir a
Finisterrae (o fin do mundo) e a unha das regións europeas menos achegadas,
milleiros de pelegrinos para ver as relicas de Sant Iago. Vasto programa…

O pelegrino, na idade media, debia atravesar os Pirineos despois dun percorrido
perigroso ao traves da Europa, se o conseguia, debia confrontarse os mouros, que
no século X tiñan conquistado casi toda a peninsula ibérica.
Ao final quedaballes a travesía dos montes galaicos que deron umildade as
pretencións imperialistas romanas, arabes, inglesas e francesas.

A suas respostas foron simples e modernas:

  • unha propaganda : o descubrimiento
  • unha guia turística : o Codex Calixtinus
  • uns camiños: o mais coñecido "o camiño frances"
  • unhas etapas: numerosos fogares para comer e dormir,
  • unha divisa: sigue as estrelas e encontraras o teu camiño
  • unha insignia: a cuncha dunha vieira
  • unhas promocións: os anos santos, (a próxima en 2004) para competir con Roma e xerusalem.

Galicia supo, cando fixo falta, promover a sua cultura e a sua tradición catro veces milenaria.
Recobra hoxe o que fixo a sua gloria: unha autonomía suficiente para promovorse e
unha Europa unida con cidadans a busqueda dun sentido espiritual.

TURGALICIA ca sua central de reservas tel: 981/54 25 27 encadra ese desenvolmento.

  • multiples aloxamentos rurales estan a disposición dos pelegrinos : os pazos e
    as casas da aldea,

Os pazos eran, ata o século XV, verdadeiros castelos, construidos para a
defensa dos seus habitantes. A esa época, os campesinos voltaronse en contra
dos nobles, "Os Irmandiños", destruiron todalas viviendas. Cando foi o tempo da
reconstrucción, xa non era necesario protexerse.
Casas burguesas e confortables foron edificadas no sitio dos castelos.

Eses pazos fan parte da cultura galega e ofrecen un abanico de posibilidades
en contacto ca naturaleza.

Diego Ramos Franco (1972- 2008)

Con fonda tristeza A Nosa Galiza, Lembra a Diego Ramos que nos deixou o 24 de abril 2008. Diego foi membro da Sociedade e colaborador dun gran valor durante a súa etapa como membro do comité. Traballador, xeneroso e humilde, sempre disposto a dar unha man. Home da grand calidade humana, entre outras obras, foi o artífice do sistema de xestión administrativa da sociedade todavía vixente, así como da primeira páxina web de A Nosa Galiza, que rapidamente convirteuse nos anos 1990 nunha referencia seria a nivel mundial de consulta sobre a emigración galega e a súa cultura na diáspora. Deste traballo feito por Diego deixamos este pequeno espacio (encima da sua imaxen). Dorosamente, lembramos o seu curto paso por esta vida pero de certo que tamen a sociedade A Nosa Galiza garda e gardará sempre un emotivo recordo do valor da súa persoa.