O folclóre non rexurdía coa forza que A NOSA
GALIZA merecía, aínda que xá se intentára en outras ocasions e foi en 1981
cando apareceu o formento que faría levedar e medrar o que hoxe é o grupo
folclórico de A NOSA GALIZA que conta con máis de 120 ompoñentes, músicos(as) bailadores(as) percusionistas e voces. En 1982 o grupo actuaba en público por primeira vez na festa do 15 aniversario de A NOSA GALIZA, dende entonces o grupo folclórico xa non deixaría as rendas desta forma de representar o noso pobo por medio desta arte. Para que fora posible o que é hoxe, e para que sexa durable foron necesarias instalar bases seguras e precisas para que ó transmitirlle a música ós futuros aprendices, as
leccións fósen de boa calidade e desta maneira se poidese presentar como
verdadeiro folclóre normativo (e asi poder executar o aprendido con outros
grupos). Con este motivo trouxéronse mestres de gaita, percusión, baile e cante
de Galicia, os primeiros anos pagados polos membros do grupo e pola Asociación
e moi pronto subvencionados pola Xunta de Galicia, A NOSA GALIZA foi pioneira
destes cursillos subvencionados pola Secretaría para coas Comunidades Galegas
da Xunta de Galicia.

O primeiro curso especial con un mestre deuse
en marzo 1986 co director de Cantigas da Terra, durante 30 días, xa o mesno ano
en novembro fixose outro de 15 días con tres mestres do mesmo grupo Galego e
tamén impartiron cursos en Zurich, Le Locle e Sión, a partir de aquí os anos
seguintes xa se fixeron os cursos subvencionados.

O grupo viaxou e actuou en Francia,  Belxica, Holanda, Barcelona, Santiago de Compostela, A Coruña, Perillo, A Estrada festival de Collobre,  e en Suiza un pouco por todo o territorio. En Barcelona participou no concurso organizado pola Federación de Centros Galegos de Catalunya, neste concurso gañaría en 2007 o segundo premio de bandas e o terceiro de baile.

Tódolos Membros, Enseñantes, Profesores,
Responsables e colaboradores que ó longo da historia do grupo folclórico de A
NOSA GALIZA pasaron por él, merecen un grande respeto e admiración, dende o
primeiro ó derradeiro. O grupo folclórico conta cun regulamento interno e un(ha) Responsable xeral e un director (a) de música e outro (a) de baile, elexidos polo grupo e aceptados polo comité e pola Asemblea Xeral.

Teremos en conta que antes de formarse o grupo que chegaría ó día de hoxe, 2008, houbo un grupo de bailes rexionales que recollia danzas de varias zonas de España. Hoxe conta con 14 ensinantes para os 74 compoñentes do apartado música e 11 ensinantes para os e (as) 84 de baile, aínda que alguns fan varias actividades dentro do grupo como gaita e cante, e tamén os hai que fan as modalidades todas

O Comité de A NOSA GALIZA, e os responsables
das distintas modalidades de grupos, setinron que sería xusto adicarlle un día ó noso folclóre e ás persoas que ano tras ano fixeron posible a continuidade ata o día de hoxe.
Con éste motivo e coincidindo cos aniversarios de A Nosa Galiza, tamén se
celeabran os do grupo e sempre que se pode invitase un grupo folclórico de
Galicia, polo cal xa teñen actuado grupos e artistas como: Cantigas da Terra,
Toxos e flores, o Rei de Viana, Milladoiro, Codigo de Barras, Treixadura,
Susana Seivane, Diego Garcia Rodríguez, Tino Baz o cantor do baixo Minho, Xavier Blanco o gaiteiro de Moaña, O regato de
Matamulleres, Linho do Cuco e outros.

ALGUNHAS FOTOS E PRESENTACIONS