Os grupos de teatro «Enredos» e «O Raposo no Galiñeiro» Da Nosa Galiza veñen actuando dende 1999. Ata agora diferentes obras foron postas en escena: Os vellos non deben de namorarse, Pista ou peste, Conta-contos, Filomeno el errante incansable caminante, Sala de espera, O Velorio, O Cego de Fornelos, Benditos Fillos e Eu Ben E Tí?.
![]() |
![]() |
|
O problema que surxeu foi que para máis da mitade dos componentes do grupo de teatro resultaba ser unha experiencia nova.Tamén hubo que aprender a coñecerse xa que ao contrario de outros conxuntos, o noso grupo xunta a varias xeneracións con idades cumpridas entre os 14 e os 55 anos. A xente nova recibía os consellos dos máis expertos pero a pesar de todo ninguén parecía demasiado seguro. |
Para adquirir certa seguridade hubo que esperar ata o marzal do 2000, mes no que tuvemos a sorte de asistir a un cursillo de teatro dado por un mestre no que se refiere ao teatro, Hector Barrera. Gracias a el, todos nos demos conta de que pudiamos facer teatro en serio e ao mesmo tempo pasa-lo ben. Cada un sacou a suas calidades de interpretación que tiña máis ou menos escondidas.
Foi unha grande experiencia para nós xa que salimos máis confiados.
Os próximos talleres de técnicas teatrais desenvolveranse os
sábados 10, 17 e 24 de xaneiro, e o domingo 1 de febreiro das 15h00 ás 19h00, despois destas datas é mellor consultar as circulares no seu apartado nesta páxina para estar o corrente si hai cambios. Estes talleres non están
destinados a facer teatro, anque poidan servir de base para aqueles que desexen
facelo no futuro. Son un espacio no que se pretende, a través de técnicas
teatrais ó alcance de todos, relaxación, creación colectiva, improvisación?
axudarvos a conocervos millor, a descubrir os vosos puntos fuertes e as vosas
debilidades e a aproveitar os primeiros e superar ou, ó menos, ser conscientes
das segundas. Están abertos a todos