Encol do futuro da língoa galega


Xoán Manuel PINTOS

Xoán Manuel PINTOS
publicou en 1853 o primer libro
impreso en galego :
"A Gaita Gallega"


A Constitución democrática, que dende 1978 ven rexindo o destino colectivo dos españois, prevé pra língoa galega e máis pra castelán un rexímen de cooficialidade. Este estado de cousas non é novo, pois en 1936 foi xa obxecto dunha institucionalización que será esmagada brutalmente pola guerra civil e a súas consecuencias duradeiras, ben coñecidas de todos.
Por sorte, agora, cando xa parecen despexadas as ameazas máis graves que pesaban sobor da xoven democracia española, ábreselles ós galegos a posibilidade dun tempo ilimitado pra devolverlle ó seu idioma a coherencia, dignidade e aprezo internacional que merece ter.Cando, sin salir dunha mesma língoa, unha variedade dela é sentida como outa ou propia de situacións formáis e outra como baixa e axeitada soio pra situacións informáis, os lingúistas falan de diglosia.
Entendida desde xeito, a diglosia non ten ren de anormal. En troque, si non se trata de duas variedades da mesma língoa sinon de dúas língoas distintas, a relación de forzas cambia. A diglosia súpon neste caso unha distinción que é, ao mesmo tempo, unha xerarquización. Xurden, por así decí-lo, unha língoa dominante e outra dominada. A unha resérvallese o papel subordinador, e á outra o papel subordinado. Hai que sinalar que, en toda relación susceptíbel de se establecer entre dúas língoas, calquera delas pode cumprir un ou outro deses papéis, sendo propio da situación diglósica pura (entendendo por "pura" a situación anterior a unha adecuada toma de concencia) o feito de que cada un dos papéis, o superior e o inferior, se sinta comoa vencellado per se a tal ou cal língoa, como esencial dela. Por suposto, non é fácil salir desta situación nin se pode salir dela en pouco tempo. O réximen xurídico, protexído polo marco constitucional, da cooficialidade non siñifica en modo algun que todo vai logo caer das nubes, a se producir automáticamente.
Unha língoa, si de verdade desexa atinguir fixeza e prestixio, terá que ser transmitida ás xeneracións vindoiras ao través dun proceso axeitado de escolarización (primaria, media o superior) e conquerir prestixio mediante a creación intelectual, artística e científica. Tamén necesitará ser empregada en todos os ámetos da actividade de quenes a teñen como língoa propia deles. Asimesmo terá, obviamente, que "modernizarse", é decir, irse adaptando progresivamente, "sin presa pro sin pausa", ás exixencias de toda crase qunha vida á altura dos tempos require. Pra esto impóñense unha tarefa de normativización e autra de normalización, tarefas ámbalas dúas que, lonxe de se opoñer, son complementarias. Consiste a primeira en abstraer, das diferentes variedades que toda língoa presenta, un conxunto de rasgos comúns, unha modalidade uniforme que se superpoña, sin anulá-las, ás demáis variedades e que garantice a intercomprensión xeral esta língoa, unificada deste xeito, ten que empregarse nos melos de comunicación e no ensino, e debe servir de base á literatura. É tarefa da segunda liberar á língoa do emprego sectorial, dalgún xeíto vergoñante ou dominado por "comprexos de inferioridade", saca-la da reclusión en ámetos como o da vida familiar ou a actividade lagrega pra extendela a todas as áreas da vida dito doutro xeito, facer dela o meio corrente de comunicación no interior da comunidade.
Razóns históricas de toda crase aconsellan á comunidade galega encetar o esforzo colectivo e