Galicia é o país encantado das meigas.
Os nosos antepasados deixaron na nosa terra
tradicións e crenzas.

O culto ós montes e ós penedos

Invócase ó monte e non ós santos.
Fainos ve-lo costume que por riba dos penedos ponse un cruceiro para cristianiza-los.
Entre Allariz e Celanova hai un penedo milagreiro, cómpre dar 3 voltas arredor del,
rezando tres credos a cada volta, débese despois recoller auga dunha poza que hai no alto desta rocha.
Din que cura moitas doenzas e mailo mal de ollo.
Coidado que tamén pode haber penedos maléficos.
Na serra de Capelada, próximo de San Andrés de Teixido, hai un a quen puxeron unha cruz de ferro para conxura-los seus poderes.

O culto á auga

En algúns sitios de Galicia din que despois de media noite está durmida e non se pode beber porque fai mal.
O feitizo dinos que metendo nove cabelos con raíz vólvense serpes ós nove días.
Os ríos son considerados seres vivos e fortes.
Os que dan ofrendas e cos que falan pídellen cousas e os ríos queren vidas en troco.
3 fontes naceron moi xuntas como 3 irmás (Eume,Sor e Landrove).A divindade dos ríos prometeulles que a primeira que chegara ó mar daríalles un home cada ano.
Con xeito empezaron a camiñar e cando sentiron o cansazo puxéronse a durmir
acordando que a primeira que despertase chamaría polas outras.Espertou unha, e no sitio de cumpri-la promesa marchouse soa sen barullo.
Logo espertou a segunda e fixo o mesmo sen espertar á terceira.Cando a última se enterou de que estaba soa, marchouse furiosa, correndo como unha tola e saltando os montes.Así chegou antes cas outras.
Cada ano, o río Eume ten a súa dote e é festexada no mes de xullo en As Pontes.

O río Támega desborda no inverno pero hai unha maneira de calmalo que é ofrecéndolle un polo vivo.
Hai fontes onde se xuntan as bruxas como en Cotobade e Loureiro.
Alí descubren segredos e recollen encantos.

O culto ó aire e ós ventos

No aire hai forzas misteriosas e influenzas malignas.Fálase de ventos ruíns,
aire da morte, aire do sapo.
Contra os remuíños, desconxúrranos poñendo unha cruz feita cos dedos.

O culto ó lume

O lume alégrase cando cae grasa nel.
É un ser que ten carácter sagrado: non se lle pode cuspir porque saiu da boca dun anxo.
Tampouco non se lle pode botar cascas de ovo.
Os lumes de San Xoán teñen virtudes purificadoras: libérranos dos meigallos.
Bótase no lume, loureiro bendito o Domingo de Ramos para protexernos dos raios.

O culto ós astros

Dixo Deus á lúa:
-condénote a andar de noite e que o lobo te coma.Venus é chamada estrela da
mañán ou estrela panadeira.
As pléiades representan o camiño de Santiago de Compostela.
Se contades nove estrelas, nove días seguidos soñaredes coa persoa con quen vades casar.
As estrelas fugaces son almas que camiñan polo ceo, ó velas hai que decirlles:
-Deus te guíe.

O culto ás chispas

É unha cousa que se pode recoller e meter nun caixón ou nunha hucha.
Cando a chispa cae, cae unha pedra pequena, alongada, transparente e feita como cristal de roca.

O culto á serpe

A serpe pode nacer dun ovo dun galo de 7 anos.
Aparece nos castros gardando un tesouro.

O culto ó lobo

Quere morrer coa boca chea.Non pode
comer máis que a mitade esquerda das súas
víctimas, que é a do demo e deixa
sempre a dereita que é a de Deus.

© Isaac Ramos – 2002