• O lobishome:
    É un home que se convirte en lobo por desgracia.O lobishome mata e come as súas víctimas pero cando volve a ser home doenlle os seus feitos.
    O sétimo ou o noveno varón dunha familia convirtirase en lobishome.
  • O rabeno:
    É un ser imaxinario, pálido, alto e fraco, con traxe claro e gorra con viseira.
    Percorre os sitios desertos para viola-las mozas.
  • O lambirón:
    É un descoñecido que anda polos campos, seca os millos e envenena as fontes.
  • O sacauntos:
    É un home que asalta as rapazas novas para abrírlle-la barriga e sacárlle-lo unto.
  • A raposa:
    É un ser anunciador de desgracias e morte.
    Bota berros estraños e ri.
    Algunhas veces confundese co corvo, curuxa, moucho ou pega.
  • O trasno:
    É un anano riseiro, leva barbas longas e un chapeu encarnado.Pódese presentar como figura animal; cabra, can, gato…
    Anda na casa revolvendo todo e fai parvadas.
    Gasta bromas á xente pero é sempre inofensivo.
    Fuxe do signo da cruz e da auga bendita.
  • A meiga:
    Pódese chegar a ser meiga de varias maneiras; a sétima ou a novena filla dunha familia sairá bruxa.Unha meiga non pode morrer sen quedar sen
    descendencia, ten que buscar unha rapaza nova a quen transmiti-lo seu poder, sexa dándolle a man, sexa entregándolle a súa vasoira, sexa deixándolle o
    cacharro onde ten o unto.
    As meigas van a Sevilla ou a Coira voando polo aire a cabalo dunha vasoira.Para iso teñen que aplicarse grasa de composición descoñecida polo corpo e dicir:
    -sen Deus e sen Santa María pola cheminea arriba.
    Para non tropezar coas árbores din tamén:
    -Por riba das silveiras e por debaixo das carballeiras.Pode mostrarse en araña, mosca ou de noite en luces.
    Para protexerse contra ela hai que traer consigo allo, pirixel ou unha cabeza de vacaloura (escornabois).
    Botar fóra do pantalón a falda da camisa.
    Cravar na porta da casa unha ferradura vella (a sua forma representa a letra c do Cristo).
    Cuspir nunha cruz que se fai no chan.
    Facendo os cornos coa man e dicindo: -meigas fóra.
    Trazar na terra un círculo cunha ou 3 cruces e meterse nel.
  • A dona:
    É un ser feminino sobrenatural que por certo non pertence á nosa especie.Aparece pola mañá e a veces unha vez ó ano nos montes ou nos sitios
    en onde hai auga.

A lembraza das antergas tradicións lévanos o largo do ano con datas importantes do calendario celta e cristiano:

  1. O Samaín é a festa dos mortos e dos espíritos. Festéxase o 31 de outubro e ten semellanza en Irlanda co Hallowen. O costume é de tallar caveiras nas cascas das cabazas con elas barbuxa de millo antes de acenderlles velas e poñelas a noite nos currunchos e nos camiños.
  2. O Antroido empeza un domingo de febreiro, ese día os mozos saen con bolsas de borralla ou cinza que lle verten a xente. En moitos lugares os mozos tiran ovos as paredes das casas, bótanlle a xente formigas ou trocan como en algúns tempos os carros das vacas dos veciños. O elemento máis característico desa festa é levar carauta.
    Pódese insultar a xente cas máscaras pero non se lle pode tocar.
  3. Os Maios comezan a mediados de abril e teñen como fin celebra-la chegada da primavera e propiciar unha boa colleita. Os maios son construccións vegetais que saen á rúa. Mentres un chaval vaí dando voltas ao redor, canta coplas con carácter crítico e burlón.
  4. O Magosto é a festa do solsticio do inverno, vai dende o día 1 de novembro ata o día 11 dese mes.

© Isaac Ramos – 2002