Cedendo a unha suxerencia póñome a escribir sobor das miñas experiencias como bibliotecario de A Nosa Galiza, do meu sentir relacionado ó círculo dos lectores e da difusión de toda-la proiección que se fai a traverso do mundo dos libros.

Se hei de ser sinxelo debo decir que non estou satisfeito do meu empeño en promociona-la lectura, e valoro o meu fracaso nese terreo, xa que a nosa bilioteca é moi pouco utilizada entre os quinientos socios de A Nosa Galiza, e sobor de todo entre os fillos destes socios que están na edade da escola ou do bachalerato. Sinto por outra parte unha satisfacción mitigada por haber participado coma pioneiro en exposicións do libro galego en Suiza, e haber vendido moitos libros formativos do pensar e do civismo cidadáns. Digo satisfacción mitigada porque presinto que unha parte deses libros que vendemos haberán tido como destino final se-lo adorno das bibliotecas familiares, en vez de ser leídos reflexionando sobor do seu contido. Lémbrome da venda de noventa exemplares de "Sempre en Galiza" de Castelao, e oitenta "Tirano Banderas" de Valle-Inclán, entre a comunidade ibérica de Xenebra, amén de moitos outros libros formativos.

Deixo á apreciación do lector a importancia do esparcemento dun tal número destes tíduos entre a colonia de emigrantes. Léese pouco no mundo occidental, moi pouco en España, e menos ainda en Galiza. É por tal motivo que xuzgo positivo o éxito das exposicións do libro galego en Suiza, difundido que foi entre os traballadores da emigración que, folga decilo, somos xente de limitada cultura e escasos hábitos de lectores. E necesario fixarse obxetivos modestos e conformarse de pequenos progresos cando tratemos de levantar a paixón da literatura e da palabra escrita, calesquera que sexa a rama do saber a que se adique.

A lectura está moi pouco potenciada na sociedade mercantilista occidental, e o tipo de lectura que se incentiva é xeralmente nociva e enaxenante na formación da personalidade. Vexamos senon as revistas do corazón coma "Hola", "Garbo", "Jours de France", etc. O precio dos libros é abusivo, e sen embargo non é o económico o principal entrave a unha maior práctica da lectura, senon os intereses que tenen os gremios e magnates ocupados en dirixir e condicionar a mente do pobo. Analicemos como os adalides do sistema social imperante conseguiron aficionar a lectores semialfabetos a exercer seu interés en publicación
alienantes como "Marca" "AS", "L’Equipe", etc., pero endexamáis farán populares a Cervantes, Valle-Inclán, Castelao… Un pobo ó que se Ile imbue a paxón da novela, o ensaio, a poesía ou a filosofía, logo aprende a pensar pola súa conta e resulta moi difícil de manipular.

No mundo en que vivimos prioriza o mercantilismo sobor de todo-lo demáis, e pra garantizar o beneficio económico recurre a todo-los subterfuxios, e un deles, quizabes o máis importante, é someter a cultura e transformala en patrimonio dunha élite. Pra masa prepararon unha anticultura que degrada, aliena e envilece ó individuo. Examinemos as televisións nacionáis nas línguas que poidamos entender e atoparémonos coa mesma programación, é decir: unha hora de programa aceptable contra seis horas de verborrea embrutecedora.

Coa prensa pasa outro tanto do mesmo. Xa fai moitos anos que nos medios populares da nosa Patria Galega imperaba un sentir xeral de que ler un libro ou un periódico era cousa de notábeis, do cura, do médico, etc.; ver ler un carpinteiro, un albañil ou un campesiño parecía, e ainda parece, exotismo e usurpación de cometidos ; enténdase ben que os notábeis aludidos non faen moito por cambear ese pens