Un fato de Galegos a morar en Xenebra, conscientes da significación histórica de Galicia e dos problemas dista terra arestora, soscreben as rellas distes Estatutos, e condín en Xenebra, no ano 1967, a Sociedade A NOSA GALIZA. Encabezamento dos estatutos.

Foi a finais do ano 1966, cando un reducido número de galegos ós que xa lles megullaba a idea facía un tempo, encabezarían os estatutos desta Sociedade da maneira que vimos de ler neste parrafo anterior.
Este reducido grupo reuníase nun bar da praza de Planpalais (Bar de L’Amitie, hoxe desaparecido), e decidiron de facer unha Asociación de Galegos na cidade de Calvin (Xenebra), co gallo de poder pasar as horas de folgueo e falar das cousas que preocupaban naqueles anos ás nosas xentes emigrantes en Xenebra, que aínda non eran moitos por aquelas datas. Para elo basaronse noutros Centros Galegos, xa esistentes con moita idade alo nas americas.

A NOSA GALIZA naceu como pode nacer calquera Asociación da natureza que poidamos imaxinar, aqueles membros
fundadores
fixeron posible crear robustos alicerces, nos que A NOSA GALIZA de Xenebra asentouse con firmeza, basandose na máis emblemática forma de representar un pobo que é a defensa e o espallamento da súa lingua e cultura, e que o longo destes anos complidos defendeu e defende contra ventos e mareas.

No 1967, a primeiros do ano, na rue de Contamines n° 9a, nun sótano cedido polo Foyer Cervantes, alí formouse o primeiro Comité, e o primeiro traballo sería confeccionar os estatutos da Asociación, ata estes intres a primeira ídea base, fóra P.C de Galicia, que se atopaba oculto polos tempos que corrian. Para éste traballo contouse coa colaboración de persoas como José Àngel Valente, José Fernando Pérez Oya, e outros que traballaron no anonimato, pero o fruto do séu traballo e o feito de contar con xente asisada entre eles, fixo posible a fundación desta
Asociación basada no máis profundo sentir da democracia.

Dende o xénese desta Asociación pasaron todo un ramillete de xentes de tódolos rangos, Poetas, Escritores, Doutores,
Filólogos, Filósofos, Traductores, Políticos, Abogados, Empresarios, Pintores, Músicos e un etc moi grande de persoaxes, pero sempre contando coa xente de a pé, coas xentes do pobo traballador, nunha verba cos Emigrantes, que neses anos e ainda hoxe van e veñen, entran e saen das listas de Membros. Sin contar coa xente traballadora que coloca un ladrillo, un enchufe, limpa, barre, cociña ou fai un correo, non tería motivo esta historia, pois non seria viva e xa estaría apagada antes de encenderse a chama, desta e doutras asociacións ou centros, por eso queremos