Dende 1987, data na cal se abriron os novos locais da rue de Vermont 9a, está funcionando de forma regular o Centro A Nosa Galiza de Xenebra, nesta actividade da Sociedade colabora un grupo de Socios destinados a lebar a cabo a representación da cociña galega en tódalas modalidades, facendo tamén diferentes platos e tapas doutras rexións e países do planeta.
Da nosa gastronomía encontramos segun as epocas do ano e o mercado local, unha amplia variedade de menús sempre da mellor calidade e presentación respetando as bases tipicas da nosa terra. Dende polbo a feira, rape a cazola e calquera parrillada de pescado ou marisco, ata un cocido galego ao estilo Lalín, cos mellores viños de aquí e de alo.

Bon proveito